Colaboracións

Existen varios grados de colaboración co colectivo INICIA LITERARIA.

primeiro grado sería interactuar connosco como lectora ou lector: seguíndonos a través da nosa web e nas redes sociais, deixándonos suxestións e comentarios, e, ante todo, descargando as nosas publicacións, de balde e dispoñibles en Lektu na modalidade de pago social, das que esperamos que desfrutes.

Un segundo grado sería facerte simpatizante. Que quere dicir isto? Quere dicir que figurarías co teu nome e algúns datos persoais no apartado Quiénes somos, puidendo engadir ademais, se o desexas, un par de datos persoais (por exemplo, profesión ou intereses) e unha ligazón a un blog ou sitio web propio. Por se fose pouco, tamén recibirías antes ca ninguén as nosas novidades no teu email. Para que isto sexa posible, soamente debes escribirnos un correo co asunto "simpatizante" a info@inicialiteraria.com e consignar os datos requiridos no corpo da mensaxe.

terceiro grado de colaboración sería publicar o teu traballo como autora ou autor baixo o noso selo como colectivo, así como ilustradoræs, etc. Estamos abertos a recibir orixinais en galego e castelán no correo arriba indicado, pero cunha serie de termos e condicións que detallamos a continuación:

TERMOS E CONDICIÓNS DE PUBLICACIÓN CON INICIA LITERARIA 
[actualizados a 02 de xuño de 2017]

1. SEN BENEFICIO ECONÓMICO. INICIA LITERARIA é un colectivo cuxo fin último é promover a literatura e os seus autores e autoras. Con este fin, publicamos documentos e obras literarias, dispoñibles sen custo económico algún en Internet. Quen formamos parte desta iniciativa non nos lucramos co proxecto; ao contrario, dedicámoslle moitas horas do noso tempo de lecer sen percibir máis rendemento que o da satisfacción dun traballo ben feito. Por tanto, calquera persoa que desexe colaborar co colectivo poñendo a disposición do público o seu propio traballo a través de INICIA LITERARIA, debe ter en conta eses principios, e así, ao igual que calquera membro do colectivo, o seu traballo poñerase a disposición pública en Internet, sempre que o aprobe o noso comité de publicacións (ver punto 5), sen percibir por isto beneficio económico algún.

2. SEN EXCLUSIVIDADE. En todo momento este feito trataríase dunha cesión voluntaria da obra do respectivo autor/a sen prexuízo algún sobre os dereitos de propiedade intelectual da mesma, que seguirían plenamente baixo o control do seu creador ou creadora, puidendo difundilos noutros medios sen o noso consentimento, xa que non nos arrogamos a exclusividade do texto, caso no que unicamente debería retirar calquera referencia a INICIA LITERARIA no documento.

3. CONFLICTOS SOBRE OS DEREITOS. O autor ou autora que decida colaborar con INICIA LITERARIA, cedendo a súa obra ao colectivo mediante os termos e condicións fixados neste documento, deberá ser o propietario dos dereitos da misma, asumindo a total responsabilidade fronte a calquera reclamación que, neste senso, puidesen efectuar terceiras persoas; manifestando que sobre os mesmos, ademais, non ten contraídos compromisos de ningún tipo que entren en contradición cos termos e condicións descritos neste documento. A este respecto, o autor ou autora faise responsable de todas as cargas pecuniarias que puideran derivarse para INICIA LITERARIA en favor de terceiros, con motivo de accións, reclamacións ou conflitos derivados do incumprimento das súas obrigas por parte do autor ou autora. O colectivo INICIA LITERARIA resérvase a prerrogativa de retirar en calquera intre do seu catálogo calquera obra se se suscitase unha polémica deste tipo.

4. INFORMACIÓN SOBRE CAMBIO DE TERMOS. No suposto de que, dende INICIA LITERARIA se decidise cambiar eses principios, e por exemplo, cobrar pola descarga das obras do seu catálogo, consultaríase cos autores/as afectados, que poderían dispor libremente delas para retiralas da nosa plataforma ou ben pactaríanse unhas condicións equitativas para repartir os posibles beneficios se decidise seguir connosco. Asemade, se pola razón que for, e incluso sen esgrimir razóns, dende ocolectivo se decide suprimir algunha obra do seu catálogo, INICIA LITERARIA comprométese a informar ao autor ou autora deste feito, sen que caiba reclamación algunha, con tres días de antelación. Tampouco é cuestión de dramatizar esta cláusula, dado que será altamente improbable que isto ocorra.

5. CRITERIOS DE PUBLICACIÓN. Non todos os textos que recibamos poderán ser publicados en INICIA LITERARIA. Para ser publicados, deben cumprir uns criterios mínimos de calidade (especialmente ortogramatical) e deben encaixar nas nosas colecciones; puntos, somos conscientes, bastante subxectivos, e que serán valorados polo noso comité de publicacións, que poderá suxerir correccións sobre as obras a publicar. As devanditas obras terán que estar escritas en galego ou castelán, as linguas de traballo do colectivo.

6. ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS. Entendemos que calquera persoa que colabore connosco e publique a súa obra en INICIA LITERARIA está de acordo con estes termos e condicións, que están dispoñibles para a súa lectura pública na páxina www.inicialiteraria.com.

7. ACLARACIÓN DE DÚBIDAS. Para calquera dúbida concreta, é posible dirixirse a: info@inicialiteraria.com.

Graciñas polo interese!