Inicia Literaria somos un colectivo informal con inquedanzas literarias cuxos obxectivos son incentivar a lectura, a creación literaria e os estudos de temática literaria. Para dar saída a estas inquedanzas, crearemos diferentes coleccións de libros e documentos que iremos completando co pasar do tempo.
Nacemos no ano 2017 en A Coruña, polo que as nosas linguas de publicación serán galego e castelán. Traballamos para poder ofrecervos os contidos en ambos idiomas; non obstante, dedicámonos a isto como afección, así que vos pregamos paciencia co proceso. Grazas pola comprensión!
Queres ver o noso catálogo actualizado? Accede ao noso espazo en Lektu!
ILUSTRADORaeS
PERSOAS TRAS O COLECTIVO:
COORDINADORaeS
- Tomás Rivera: Blogueiro e escritor.
- Vanesa Santiago: Bibliotecaria e escritora.
AUTORaeS
- Rakel Archer: Terapeuta e divulgadora de saúde natural, alterna a escritura e os guións de banda deseñada coa creación de complementos de moda responsable. Obra: Cuentos preliminares.
- Kenneth James: Un tipo reservado que prefire non dar datos sobre a súa vida privada. Obra: Acaba con ellos, Cassidy, ...Y el infierno le seguía, Luna Comanche.
- J.P. Quintana: Curioso por natureza, a arte e a cultura sempre tiraron moi forte por el, sobre todo o referente á música. É un namoradeiro dos libros que, dificilmente, se resiste a algún. Cicelar verbas é dos seus últimos atrevementos. Obra: Leito de cogomelos.
- Anna Raven: Comezou escribindo en fanzines en papel e colaborou con relatos e banda deseñada tanto en castelán coma en galego en numerosas revistas como Sushi Online, BOOM, BD Banda, Cthulhu ou Contos Estraños. Obra: Cuentos preliminares.
- Vanesa Santiago: A nosa coordinadora é escritora ao tempo que lectora. Atréveste a lerlle algo?. Obra: Yo, Gregorio.
- Jaume Vicent: escritor, copywriter, redactor e traductor. Administra o blog Excentrya, no que comparte consellos e recursos útiles para escritores. Obra: Un vestido de té.
ILUSTRADORaeS
- Natalia Mallo: Aprendiz en modo de observación e experimentación continua, científica por formación, artista por afección. Obra: Leito de cogomelos (imaxe das capas)
- Felipe H. Navarro: Este deseñador gráfico madrileño non parou de publicar dende 1999 en libros, revistas e fanzines tanto españois como estranxeiros. Obra: Cuentos preliminares (capas e ilustracións).
- SamCube: Vive en Menorca, unha illa de España, e adora debuxar e soñar esperto. Obra: Acaba con ellos, Cassidy, ...Y el infierno le seguía, Luna Comanche (capas).
SIMPATIZANTeS
- David González (): É soñador de profesión e filólogo no tempo libre. As veces fala de libros e outras cousas frikis no seu blogue, Palabra de Gatsby. [web].
- Paris Joel (Sada, A Coruña): Di del: Soy un cantautor y poeta, un renegado del asfalto, un coleccionista de atardeceres y canciones de desamor. Yo, soy yo, a pesar de mis circunstancias ["Son un cantautor e poeta, un renegado do asfalto, un coleccionista de solpores e cancións de desamor. Eu, son eu, a pesar das miñas circunstancias"]. [web]
[Se queres aparecer neste listado como simpatizante, co teu nome, profesión, de onde ves sendo, e sitio web se o desexas, escríbenos un correo solicitándonolo a info@inicialiteraria.com]