Té na ventá

[A nosa colección de narrativa xeral] 

«O problema dos afeccionados á fantasía é que cren que a ficción literaria consiste só en historias sobre un tipo que bebe té mentres mira chover pola ventá e pensa na súa nai. E o certo é que moita ficción literaria é xusto iso, caralladas masturbatorias emocionais e angustiosas sen demasiado sentido». Patrick Rothfuss

Seguindo a traducción que das palabras do escritor Patrick Rothfuss en defensa da dignidade do xénero fantástico fixo Fantífica, a nosa colección de narrativa xeral ou contemporánea chámase Té na ventá en homenaxe a Rothfuss e a todos eses relatos de tomar té e ver chover a través do cristal. E mamá.

Logotipo da colección "Té na ventá". Lémbravos algo?

Aínda estamos empezando pero non temades, en breve iremos publicando moitas máis historias sen demasiado sentido.

01. YO, GREGORIO / VANESA SANTIAGO [CASTELÁN]

No noso afán por contar historias que non lle importan a ninguén, congratulámonos de inaugurar a colección «Té na ventá» co relato "Yo, Gregorio", que nos presenta a misteriosa historia que imprimiu sen que ninguén llo pedira unha das máquinas fotocopiadoras da Biblioteca Nodal de Lugo en decembro de 2008. A historia relata a azarosa vida dun hombre distinguido e máis ou menos ocioso da cidade que ninguén semella coñecer, e os avatares dos que é protagonista tras o golpe de Estado de 1936.

DESCÁRGAO XA EN LEKTU!!

02. CUENTOS PRELIMINARES / ANNA RAVEN Y RAKEL ARCHER; IL. DE FHNAVARRO [CASTELÁN]

Para o noso segundo número de «Té na ventá» recuperamos "Cuentos preliminares", unha antoloxía de relatos publicada orixinalmente no ano 2011. Trece historias que teñen en común estar escritas e protagonizadas por mulleres, para ler bebendo té pensando en mamá mentres chove, porque mamá, a carón doutras moitas facetas que as mulleres poden amosar, tamén ten espazo nesta colección.

DESCÁRGAO XA EN LEKTU!!

03. UN VESTIDO DE TÉ / JAUME VICENT [CASTELÁN]

Na nosa obsesión por contar historias sobre mamá e as cousas que nunca lle dixemos, presentamos o terceiro título da nosa colección «Té na ventá». No relato "Un vestido de té" asistiremos a unha historia de fantasmas, ou non, dabondo peculiar. O seu autor, Jaume Vicent, ofrécenos unha visión do terror fantasmal na liña de clásicos como Outra volta á torniqueta de Henry James, onde a dúbida e a incerteza resultan máis suxestivas que os convencementos.

DESCÁRGAO XA EN LEKTU!!