Quen somos

Inicia Literaria somos un colectivo informal con inquedanzas literarias cuxos obxectivos son incentivar a lectura, a creación literaria e os estudos de temática literaria. Para dar saída a estas inquedanzas, crearemos diferentes coleccións de libros e documentos que iremos completando co pasar do tempo. 

Nacemos no ano 2017 en A Coruña, polo que as nosas linguas de publicación serán galego e castelán. Traballamos para poder ofrecervos os contidos en ambos idiomas; non obstante, dedicámonos a isto como afección, así que vos pregamos paciencia co proceso. Grazas pola comprensión! 

Queres ver o noso catálogo actualizado? Accede ao noso espazo en Lektu!


PERSOAS TRAS O COLECTIVO:

COORDINADORaeS

  • Tomás Rivera: Blogueiro e escritor. 
  • Vanesa Santiago: Bibliotecaria e escritora.

AUTORaeS

  • Rakel Archer: Terapeuta e divulgadora de saúde natural, alterna a escritura e os guións de banda deseñada coa creación de complementos de moda responsable. Obra: Cuentos preliminares.
  • Kenneth James: Un tipo reservado que prefire non dar datos sobre a súa vida privada. Obra: Acaba con ellos, Cassidy...Y el infierno le seguíaLuna Comanche.
  • J.P. Quintana: Curioso por natureza, a arte e a cultura sempre tiraron moi forte por el, sobre todo o referente á música. É un namoradeiro dos libros que, dificilmente, se resiste a algún. Cicelar verbas é dos seus últimos atrevementos. Obra: Leito de cogomelos.
  • Anna Raven: Comezou escribindo en fanzines en papel e colaborou con relatos e banda deseñada tanto en castelán coma en galego en numerosas revistas como Sushi Online, BOOM, BD Banda, Cthulhu ou Contos Estraños. Obra: Cuentos preliminares.
  • Vanesa Santiago: A nosa coordinadora é escritora ao tempo que lectora. Atréveste a lerlle algo?. Obra: Yo, Gregorio.
  • Jaume Vicent: escritor, copywriter, redactor e traductor. Administra o blog Excentrya, no que comparte consellos e recursos útiles para escritores. Obra: Un vestido de té.

ILUSTRADORaeS


SIMPATIZANTeS


  • David González (): É soñador de profesión e filólogo no tempo libre. As veces fala de libros e outras cousas frikis no seu blogue, Palabra de Gatsby. [web].
  • Paris Joel (Sada, A Coruña): Di del: Soy un cantautor y poeta, un renegado del asfalto, un coleccionista de atardeceres y canciones de desamor. Yo, soy yo, a pesar de mis circunstancias ["Son un cantautor e poeta, un renegado do asfalto, un coleccionista de solpores e cancións de desamor. Eu, son eu, a pesar das miñas circunstancias"]. [web]

[Se queres aparecer neste listado como simpatizante, co teu nome, profesión, de onde ves sendo, e sitio web se o desexas, escríbenos un correo solicitándonolo a info@inicialiteraria.com]