sábado, 1 de xullo de 2017

Novidades de xuño

O mes de xuño trouxo tres novidades literarias ao noso catálogo: a primeira, inaugurando mes, foi Yo, Gregorio, un fantasmal relato de Vanesa Santiago ambientado na cidade de Lugo. 

A carón del, publicamos tamén, e coma sempre en Lektu, de balde na modalidade de pago social:

- ...Y el infierno le seguía: a segunda parte das aventuras de Ned Cassidy, o personaxe medio-irlandés-medio diaño que coñecemos en Acaba con ellos, Cassidy. Ambas as dúas obras están escritas por Kenneth James e con capa de SamCube.

Capa de ...Y el infierno le seguía, deseñada por SamCube.

- Cuentos preliminares: antoloxía de relatos que teñen en común estar escritos e protagonizados por mulleres. O libro foi publicado orixinalmente en papel en 2011 e as súas autoras son Anna Raven e Rakel Archer. As ilustracións son obra de FH Navarro.

Con este título continuamos a serie "Té en la ventana".
Os nosos vindeiros proxectos céntranse en dar pulo á páxina en galego (dóenos ver que pasan os días sen que se vexa o noso traballo oculto ao respecto, mais é o que ten dedicarse ao colectivo no tempo de lecer) e publicar na nosa lingua materna algún traballo que xa está en proceso de corrección. Porén, non é o único que temos á espera... Non deixedes de nos seguir para estardes ao tanto dos detalles!

En canto ás cifras de seguemento en redes sociais, en troques, mantéñense en números baixos, contendo o noso entusiasmo: lográmosvos un ascenso tan lixeiro que podería dicirse que nos estancamos: 219 seguidores en redes sociais, soamente 22 máis que hai un mes. E a nosa campaña para acadar simpatizantes foi, sen medias tintas, un fracaso, pero relativo, eh? Vale que teñamos ata agora un único simpatizante, así e todo... vaites con el! O incombustible Paris Joel. Aínda estades a tempo de unirvos a el, escribíndonos a info@inicialiteraria.com. Alguén comentou que talvez sexa así porque a palabra, "simpatizantes", semella algo político. Non fagades caso desas parvadas. Queremos que sexades parte de Inicia Literaria!