mércores, 27 de setembro de 2017

Coñecemos a Paris Joel, o noso primeiro simpatizante

Hai uns meses lanzamos nas redes unha campaña para atraer simpatizantes cara o noso colectivo, algo tan sinxelo como escribirnos a info@inicialiteraria.com. A convocatoria obtivo un éxito insólito, dado que, pese a non apuntarse ao noso barco máis que unha única persoa, esta persoa é o cantautor e poeta Paris Joel.

Paris Joel obtivo a honra de ser o primeiro (e, ata hoxe, en que se uniu David González á lista, único) simpatizante de Inicia Literaria
Dende acó, decidimos coñecelo en maior profundidade, para o que lle propuxemos que complete o cuestionario Proust, un popular compendio de preguntas cuxo primeiro obxectivo foi o carismático escritor Marcel Proust (xa que logo, o primeiro en respondelo, non en crealo), e del leva o nome. Usárono dende aquela, sen case retocalo dende 1891, unha morea de medios de comunicación para enmarcar ou presentar o carácter e a filosofía persoal de figuras do momento, e referímonos, entre outros medios, á revista Vanity Fair ou ao xornal La Vanguardia; malia que, sen dúbida ningunha, en Galicia debemos citar a bitácora de Ramón Nicolás, o Caderno da Crítica, que o emprega nunha sección propia para ilustrar a literatas e literatos patrios. Dende Inicia Literaria tomámonos a liberdade de imitalo para modificar as preguntas orixinais e adaptar un par delas os tempos modernos. E, como sabemos que tanta leria vos aborrece, pasamos ao realmente interesante. Cales son as respostas de Paris Joel ao cuestionario Proust?

Foto de perfil da páxina de seareiros de Paris Joel en Facebook
CUESTIONARIO PROUST DE PARIS JOEL (respostas traducidas do castelán)

1. Principal trazo do seu carácter? 

Malia non semellalo, a timidez. Son extremadamente tímido.

2. Que calidade aprecia máis nunha persoa? 

A coherencia.

3. Que agarda dos seus amigos?

Que sempre estean aí coas mesmas cualidades e defectos que cando os coñecín.

4. A súa principal eiva? 

A impaciencia.

 5. A súa ocupación favorita? 

Facer cancións.

6. O seu ideal de felicidade? 

Aceptar as túas limitacións e valorar o que tes.

7. Cal sería a súa maior desgraza? 

A inexorable morte dos seres queridos, non hai peor suceso ca ese.

8. Que lle gustaría ser? 

O que son, nin máis, nin menos.

9. En que país desexaría vivir? 

Nun onde o meu fillo puidera ser elixido como Xefe de Estado, onde puidera elixir directamente o meu alcalde, presidente de Autonomía e Goberno. Onde houbera unha real separación de poderes e unha democracia asemblearia, ou sexa, nunha República.

10. A súa cor favorita? 

O vermello.

11. A flor que máis lle gusta? 

O pensamento.

12. O paxaro que prefire? 

O que vive en liberdade, danme grima os paxaros que se crían en gaiolas.

13. Os seus autores favoritos en prosa? 

Gabriel García Márquez, Juan Rulfo, Óscar Wilde, Castelao, que sei eu… Haivos tantos…

14. Os seus poetas? 

Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, Antonio Machado, Luis Cernuda, Rosalía… O mesmo, hai moitos, moitísimos.

15. Un libro? 

Pedro Páramo, é único.

16. Un heroe  de ficción? 

Dan Defensor.

17. Unha heroína? 

A miña muller.

18. Música favorita? 

A música dos nosos cantautores, debémoslles moito, máis do que cremos.

19. E en pintura? 

Amadeo Modigliani, Picasso, Matisse, Velázquez, Goya… Hai un universo onde elixir.

20. O seu heroe da vida real? 

Miguel Hernández.

21. O seu nome favorito? 

Diego para un rapaz, Paula para unha rapaza.

22. Que hábito alleo non atura? 

Un vicio moi pernicioso ou antisocial, polo resto son moi tolerante.

23. Que é o que máis detesta? 

A inxustiza.

24. Unha figura histórica que aborrezca? 

Por non írmonos a exemplos máis próximos quizais Fernando VII, sen el, aínda hogano, estaríamos mellor.

25. Un feito militar que admire? 

A Revolución dos Caraveis, se é que pode considerarse como tal.

26. Que don natural desexaría posuír? 

Esa cousa que chaman Sex Appeal, ja,ja,ja,ja,ja.

27. Como lle gustaría morrer? 

Como un gran Xefe Síux e, de ser posible, á sombra dunha árbore.

28. Cal é o estado máis típico do seu ánimo? 

A tristeza.

29. Que defectos lle inspiran máis indulxencia? 

A torpeza e todos aqueles que non teñen intencionalidade.

30. Ten un lema? 

Non, mais creo que o lema máis sabio do mundo é galego: "Non é o mesmo dóeme, dóeme, que estarme doendo".