En agosto, a fábrica de ebooks de Inicia Literaria seguiu co forno a medio gas, pero, non obstante, si podemos falar dunha marabillosa novidade: a terceira parte das aventuras de Ned Cassidy, Luna Comanche.
Nesta ocasión, o noso heroe irlandés enfrontarase a unha desapiadada cuadrilla de comanches capitaneados polo vingativo Caballo Moteado, que entran a sangue e lume na misión franciscana servida pola fiel apache Doña Lupe. Por sorte para o medio diaño, non se enfrontará só ao perigo, senón na compaña do arteiro mexicano Rosario Monleón.
Luna Comanche leva como capa outra obra mestra do ilustrador SamCube. |
Ao igual que os anteriores, o libro está dispoñible no noso espazo en Lektu para a súa descarga de balde no modo de pago social. Por certo, de terdes curiosidade acerca do autor, Kenneth James, podedes ler a súa entrevista en KindleGarten, blog persoal do noso coordinador, Tomás Rivera.
Alén disto, gustaríanos presentar en pouco tempo algunha outra lectura, como a nosa primeira obra para lectoras e lectores en galego, novas incursións no xénero Western, ou intrigantes relatos para a hora do té.
Lembrade que podedes seguirnos en redes sociais e tamén facervos simpatizantes do noso colectivo. Máis información no noso correo electrónico, info@inicialiteraria.com.