Lady Mallowan

[A nosa colección de misterio]

Non podía faltar nas nosas coleccións unha que nos permita achegarnos clásicas historias de misterio, detectives, crimes, novela negra... e non podíamos titulala outro xeito máis que en flagrante homenaxe a A Máis Grande, reina entre monarcas do xénero, dama do imperio británico... Lady Mallowan! Que aínda non sabes de quen estamos a falar? De Agatha Christie. Elemental...

Logo da colección Lady Mallowan, inspirado nos inimitables lentes da Raíña do Crime.

Christie era o apelido do seu primeiro home, e cando quixo desfacerse do peso do nome era demasiado coñecida para facelo, así que o Mallowan que tomou do seu segundo marido nunca se fixo famoso... ata agora.

01. LEITO DE COGOMELOS / J.P. QUINTANA

A primeira novela da colección Lady Mallowan é tamén a primeira novela do seu autor, J.P. Quintana. Un cesto de cogomelos, unha morte en circunstancias estrañas, un caso pechado pola Policía, e un home disposto a descubrir ao asasino do seu amigo, malia que supoña poñer en risco a súa propia vida.

DESCÁRGAO XA EN LEKTU!!!