luns, 22 de maio de 2017

Presentación do proxecto Inicia Literaria

Inicia Literaria évos un colectivo informal con inquedanzas literarias cuxos obxectivos son incentivar a lectura, a creación literaria e os estudos de temática literaria. Para dar saída a estas inquedanzas, crearemos diferentes coleccións de libros e documentos que iremos completando co pasar do tempo.

Gústavos o logo? Elixímolo porque cremos que un bo libro como máis se goza é acompañado dunha bebida quente...


Inauguramos o noso proxecto coa colección Lendas do Colt, que busca homenaxear un xénero que foi un dos máis populares do seu momento, o Western (a noveliña del Oeste) e facémolo contando coa maxistral pluma de Kenneth James, e o seu prometedor relato Acaba con ellos, Cassidy. Non dubidamos de que as promesas de hoxe serán os clásicos do mañá. Desexamos que gocedes coas aventuras do diaño irlandés tanto coma nós!