Repasando o pouquiño que levamos percorrido ata o de agora, sendo conscientes de que nos puxemos en marcha o pasado 22 de maio, estamos felices co resultado: moita xente interesouse polo colectivo, contando 193 seguidores soamente nestes días no total de redes nas que estamos presentes. Tamén varias persoas amosaron o seu interese para publicar no noso catálogo ou colaborar co proxecto doutros xeitos, o que nos enche de satisfacción porque nos permitirá ofrecer gran variedade de lecturas a quen nos siga e garantir a súa calidad, que é o que procuramos. Como sempre (sempre é dende hai dez días...), estas publicacións poderán descargarse de balde con pago social no noso espazo da plataforma Lektu.
A día de hoxe, temos publicadas dúas pequenas obras:
- Acaba con ellos, Cassidy. Un weird-western asinado por Kenneth James que relata as aventuras de Ned Cassidy, medio diaño, medio irlandés, no árido sur dos Estados Unidos de finais do século XIX.
![]() |
Capas da segunda edición de "Acaba con ellos, Cassidy", obra do ilustrador SamCube. |
- Yo, Gregorio. Un relato para ler nunha viaxe de autobús asinado por Vanesa Santiago que narra a azarosa vida de Gregorio, un home distinguido e máis ou menos ocioso da cidade de Lugo ao que ninguén semella coñecer.
E xa no forno outras novidades que irán saíndo nas vindeiras semanas e meses para deleitarnos.